A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia vén de outorgar diversos títulos administrativos (autorizacións e concesións) que recollen bonificacións de ata o 90% para a xestión de diferentes espazos portuarios nas dársenas de Muxía, Laxe, O Freixo, A Guarda e Ortigueira.
En canto á dársena do Freixo, no concello de Outes, Portos de Galicia concedeu dúas autorizacións para cadanseu estaleiro que desenvolven neste peirao a súa actividade. Neste caso, contémplanse bonificacións do 35% do total da taxa sobre aquelas superficies destinadas a varada para reparación de embarcacións pesqueiras e deportivas.




