Outes deu acollida ao I Encontro de Zanfonas Roda e Ludra

21 Maio 2024

O domingo 19 de maio celebrouse na Casa da Cultura de Outes o I Encontro de Zanfonas (Roda e Ludra). Contouse coa presenza da Asociación Cultural A Fuliada (Betanzos), a Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, a Escola de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde (Caldas de Reis), a Escola de Música Gaia (Pontevedra), a agrupación Tequexetéldere (A Estrada), a Escola de Música do Concello de Outes e a agrupación folclórica Hai Que Roelo (Cuntis).

Todas estas agrupacións achegáronse a Outes para compartir a súa música ao vivo a través “dun instrumento singular e único”, en palabras da organización do evento, que lembrou que a zanfona é un instrumento de corda, fundamental na nosa música popular, estreitamente vencellado aos cegos que o usaban para cantar e contar historias.

Hoxe o instrumento goza de boa saúde e o Concello de Outes imparte clases de zanfona no seo da súa Escola Municipal de Música e Baile Tradicional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.