As zonas de baño da Pobra acadan un ano máis a cualificación de “excelente”

20 Maio 2024
Praia da Corna, na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal recibiu na semana pasada notificación da Xefatura Territorial da Consellaría da Sanidade con relación á clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio na pasada tempada e vixente para este 2024.

Tódalas praias valoradas reciben a cualificación de “excelente” segundo o sistema de cálculo da Directiva 2006/7/CE. Aquí avaliáronse seis zonas do litoral pobrense: A Barca, A Corna, Os Areos, A Illa, A Lombiña e Raposiños.

A este respecto, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, precisa que “nestas áreas marítimas tómanse mostras que aportan información sobre a calidade das augas e, unha vez máis, acadamos a máxima cualificación. Isto garante que temos uns excepcionais areais para o baño.”

Entre os meses de maio e setembro realizaranse as habituais probas rutineiras para coñece-la evolución da calidade das augas; uns controis adscritos ao Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025 realizada pola Xunta de Galicia a través da Consellaría da Sanidade, polo obrigado cumprimento da normativa europea.

Estes datos son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental e do Sistema de Información Nacional de Augas de Baño (Náyade).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.