Detido un home en Ribeira tras tentar forzar a súa exparella a manter relacións sexuais

08 Maio 2024

Un home de 48 anos residente en Boiro, foi detido nunha operación conxunta levada a cabo por axentes das Policías Local e Nacional en Ribeira, sendo investigado por un presunto intento de agresión sexual en presenza da súa filla menor. Os feitos ocorreron a noite do luns, cando tratou de coaccionar a súa exparella, de 40 anos, para ter relacións sexuais, a pesar da súa negativa.

A muller, encerrada nunha habitación da súa casa, situada preto da rotonda de Padín, chamou ao 112 ao redor das dez e cuarto da noite, visiblemente nerviosa, informando do conflito co seu exparella, en proceso de separación.

Unha patrulla da Policía Local acudiu primeiro ao lugar, pero non obtivo resposta ao chamar á porta. Finalmente, unha persoa semidesnuda, identificada como a exparella, saíu pola xanela e mencionou que as chaves estaban na planta superior, pero negouse a abrir. Despois de insistir, a muller abriu a porta e volveu encerrarse na habitación.

O home aparentemente baixo os efectos de alcol e outras substancias, segundo fontes policiais, negou os feitos. Con todo, foi detido pola Policía Local e Nacional por intento de agresión sexual e violencia de xénero e trasladado á comisaría á espera da súa comparecencia ante o xuíz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.