The Rapants gaña o certame de bandas Último Acorde x Johnnie Walker celebrado esta fin de semana no WiZink de Madrid

27 Abril 2024

A banda muradá The Rapants conquistou ao público e ao xurado do certame Último Acorde X Johnnie Walker celebrado en La Sala no WiZink Center coa interpretación do seu himno La mítica e cunha versión de El Farsante, de Ozuna. The Rapants, como lembraremos, presentaron este ano un novo traballo musical, La máquina del buen rollo, que está a colleitar importantes éxitos no mercado musical e nos festivais como o celebrado este venres en Madrid.

The Rapants este venres en Madrid nunha imaxe de Lucía Poveda

Xurado e o público coincidiron de forma unánime en premiar ao grupo de Esteiro logo da interpretación do seu himno La mítica e unha curiosa versión do tema El Farsante, de Ozuna.

Matías, Samu, Xanma e Xaquín despregaron todo o seu talento sobre o escenario para fascinar ás e aos asistentes, que non dubidaron en berrar, con eles, o seu popular lema Somos juapísimos.

Outro intre da festa fotografado por Lucía Poveda

O certame, promovido polo proxecto de difusión musical Último Acorde, contou na súa final coa participación da banda muradá, ademais de Éxtasis, Marenitas e Venturi. O xurado, conformado pola artista Cris Fuertes, o produtor Guille Mostaza e o músico Noni Meyers (cantante de Lori Meyers) escolleu a The Rapants como a mellor banda desta edición.

Este sábado 27 continúa a xira de presentación de La máquina del buen rollo. The Rapants levará o seu potente directo esta tarde a Ordes, á Festa do Champiñón, mentres que o martes 30 visitará Outes para actuar no Pampallín.

Xa en maio, Matías, Samu, Xanma e Xaquín formarán parte de citas como Agalega Fest (sábado 4, Muimenta), Terraceo (sábado 11, Vigo), Ourensound (venres 24) e o Festival de Cans (sábado 25, Porriño). En xuño actuarán no Surfing The Lérez e no mes de xullo e agosto serán parte do cartel do Portámerica, as Festas do Albariño e o SonRías Baixas. A seguinte cita confirmada polos rapantes é o festival Osa do Mar, en setembro, en Burela.

The Rapans sostendo o galardón nunha imaxe de Iago Blanco

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.