Francisco Asorey centra este xoves en Ribeira unha conferencia de Manuel Gago

22 Abril 2024

O Centro Cultural Manuel Lustres Rivas de Ribeira vai acoller esta semana unha charla divulgativa sobre un dos grandes artistas galegos de todos os tempos: o escultor cambadés Francisco Asorey. Será este xoves 25 de abril ás 20:00 horas. A xornada virá da man do divulgador, escritor, profesor da USC, blogueiro e responsábel da área de comunicación dixital do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago Mariño (Palmeira, 1976). A cita encádrase no programa conmemorativo do Día das Artes Galegas na honra do escultor Francisco Asorey. A entrada será de balde. Organiza o Concello de Ribeira, a través da Concellaría de Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.