O CAD da Pobra aproveitará as posibilidades terapéuticas do medio ambiente local en colaboración con DS Smith Cartogal

17 Abril 2024

Persoas usuarias do CAD (Centro de Atención á Discapacidade) situado na Pobra do Caramiñal, tanto do Servizo de Atención Temperá coma do Centro Ocupacional, atópanse inmersos dende este mes de abril nun proxecto educativo-medioambiental que pon o foco na contorna como elemento terapéutico. Esta iniciativa lévase a cabo ao abeiro dun convenio con DS Smith Cartogal, para o cal a empresa aporta preto de 5.000 euros; acción que se ratificou coa entrega dun chegue simbólico por parte do responsábel da factoría, José Ramón Pardavila, á concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, e á directora do centro, Julia Rial.

A edil subliña que conflúen aquí dous compoñentes: fomentar un planeta máis sustentábel e a terapia de integración sensorial: “A natureza inflúe positivamente no noso benestar, por iso, dende o CAD, decidimos traballar a estimulación sensorial a través da mesma; algo significativo dado que tendemos cada vez máis, sobre todo, a mocidade, a estar moi presentes no mundo virtual e reaccionar a estímulos dixitais. Buscamos, polo tanto, reconectar co mundo real. A estimulación sensorial a través de espazos exteriores contribúe ao desenvolvemento cognitivo e o benestar emocional das persoas participantes. E, ao mesmo tempo, aprenden sobre a importancia do respecto e coidado do medio ambiente”, declarou Cerecedo, engadindo Julia Ral, directora do CAD, que “a metodoloxía que se segue está baseada en tratamentos individualizados e grupais, de forma lúdica, explorando o mundo sensorial e emocional no medio natural”.

Actividades sensoriais, de orientación, xogos de control e equilibrio, observación de aves, taller de xardinaría ou a aprendizaxe sobre as tres R (reducir, reutilizar e reciclar) son algunhas das propostas que se realizarán ata finais de ano cunha terapeuta ocupacional especialista en integración sensorial, co apoio do equipo profesional do CAD. Por exemplo, a semana pasada desprazáronse ata a contorna das Xunqueiras para contemplar a flora e fauna e recoller recursos para traballar despois nas aulas.

En representación de DS Smith Cartogal, o seu manager José Ramón Pardavila indica que esta colaboración atópase dentro da liña de responsabilidade social corporativa da empresa, sempre coa vista posta na sustentabilidade. “Nós sempre buscamos ter un uso dos recursos naturais de forma coherente e aportar aos nosos clientes unha solución de embalaxe sustentábel en todo momento”, precisa.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.