Xosé Luís Veiras Manteiga e Antonio Piñeiro rematan o libro de artista conxunto realizado ao abeiro do Espazo Cultural do Liceo Maritimo de Ribeira

14 Abril 2024

O libro, titulado INZO, componse dun grupo de pezas poeticas de Antonio Piñeiro e catro pinturas orixinais de Veiras Manteiga. Tanto unhas como as outras foron plasmadas directamente pola man dos dous autores. Veiras Manteiga traballou os orixinais en técnica mixta: tintas, acrílicos e colaxes mesturados na liña mais actual da sua obra, próxima á síntese e a abstracción lírica, con leves referencias figurativas; mentres que as pezas de Antonio Piñeiro van impresas a máquina de escribir.

Con ocasión da sinatura desta edición limitada, os dous estiveron acompañados polo Presidente e a Secretaria da entidade social, así como da Concelleira de Cultura, Antía Alberte. O Concello de Ribeira mantén estreita colaboración co Liceo Maritimo de Ribeira e as suas actividades culturais.

Este novo título, INZO, toma a testemuña do anterior, MANSÍO, que xa coa colaboración entre Eva Veiga e o propio Antonio Piñeiro, espertou un notable interese o ano pasado, e confirma a vocación do Espazo Cultural do Liceo Maritimo cara a actividade artística da bisbarra e de Galiza.

Cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.