Ribeira honra este luns a San Alberte na súa tradicional e secular romaría

07 Abril 2024

A capela de San Alberto volverá acoller este luns a súa tradicional e secular romaría. A capela ubicada sobre o monte do mesmo nome remontase no seu abside o século XII e o resto da mesma o século XVIII.

As actividades programadas pola parroquia de Santa Uxía arrincarán ás 16.00 horas, cunha peregrinación que partirá do atrio da igrexa. A misa será ás 18.00.

Sobre as 19.00 comezará unha das propostas máis singulares, a poxa de galos. A xornada culminará cunha nova misa ás 20.30, esta na igrexa parroquial.

Na capela realizase o tradicional cambio da tella que na súa versión moderna supón que a parexa que tire un trozo de tella e permaneza na hornacina casan antes dun ano. A tradicional é o de mover a tella para pedilo cambio da dirección do vento e con elo axudar os mariñeiros a regresar a terra. O refrán popular refrenda esta tradición ” Cando a Curota vexas tapar vai a San Alberte a ventear”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.