Carlos Mayo e Alice Finot, gañadores absolutos de Os 10.000 peregrinos da Deputación en Santiago

06 Abril 2024

Carlos Mayo e Alice Finot foron os gañadores absolutos nas categorías masculina e feminina da 10k “Os 10.000 peregrinos” da Deputación da Coruña, que esta tarde se celebrou en Santiago de Compostela.

As rúas do centro histórico de Compostela convertéronse no espectacular escenario desta carreira, na que participaron ao longo da tarde máis de 2.100 atletas de todas as idades, entre eles grandes figuras do atletismo español e internacional, con praza para os xogos olímpicos de París ou plusmarquistas nacionais.

Así, xunto con Mayo e Finot, tamén competiron deportistas como Nicolás Cuestas (que foi segundo na categoría masculina), Julius Tarus (terceiro), Rodrigue Kwizera, Abde Oukhelfen, Joseph Koech, Miguel Marques, Ester Navarrete (segunda no podio feminino), Rita Jeptoo (terceira), Mari Luz Tesuri, Himi Lamyae, Susana Godinho ou Sara Ribeiro. Pero a competición contou con diferentes probas aptas para todas as idades: 10k e 5k homologadas pola Real Federación Española de Atletismo, unha carreira de dous quilómetros en ruta para os atletas máis pequenos; e unha andaina de cinco quilómetros en ruta.

A carreira foi retransmitida en directo a través da TVG 2 e de YouTube co atleta e comunicador Juan Carlos Higuero como condutor do programa especial.

“Estamos moi satisfeitos da importante participación e repercusión desta nova edición dos 10.000 peregrinos, que queremos consolidar como a gran cita anual do atletismo en Galicia nun marco incomparable como é Santiago de Compostela”, destacou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que participou na praza do Obradoiro no acto de entrega de premios aos gañadores e gañadoras da proba xunto ao deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, afirmou que esta proba de calendario internacional “é a de máis nivel de cantas se celebran a día de hoxe na nosa comunidade” e agradeceu a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Concello de Santiago para a organización do evento.

Primeiros clasificados
PosiciónNomeTempo
Categoría masculina
1Carlos Mayo00:30:11
2Nicolás Cuestas00:30:18
3Julius Taurus00:31:26
4Anxo Castro00:32:01
5Hugo García00:32:40
6Yago García00:32:50
7Alexis Rodríguez00:33:01
8Emilio Pérez00:33:06
Categoría feminina
1Alice Finot00:34:03
2Ester Navarrete00:34:07
3Rita Jeptoo00:34:07
4Susana Godinho00:34:22
5María Luz Tesuri00:35:03
6Sara Ribeiro00:35:37
7Himi Lamyae00:38:27
8Karyna Yevtushenko00:39:07

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.