Este sábado encontro do Voluntariado das Cáritas de Galicia

03 Abril 2024

O XV Encontro do Voluntariado das Cáritas de Galicia vaise a celebra en Santiago o sábado 6 de abril, no colexio de La Salle, tendo como tema central “do asistencialismo ao enfoque dos dereitos humanos”. A xornada dividirase en tres partes: talleres de traballo, pleno e presentación das conclusións, finalizando o encontro coa celebración Eucarística.
Este tipo de reunións, como lembra a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, entidade que actúa de anfitrioa no relativo á organización, serven para compartir experiencias e testemuños e coñecer distintas realidades do traballo en Cáritas .Unha xornada, insiste, moi necesaria para “reencontrarnos e compartir un espazo de formación e oración”, e deste xeito coñecer
distintas realidades do voluntariado.

O tema central do encontro- “do asistencialismo ao enfoque dos dereitos humanos”- desenvolverase a modo de espazo de formación para traballar na acollida das persoas e as súas familiares profundando nos dereitos humanos.
Ao mesmo tempo incidirase en que as persoas atendidas teñan cuberta as súas necesidades e dispoñan de todos os dereitos.
A coordinación correrá a cargo de Sonia Olea, do equipo de Incidencia de Cáritas Española, con máis de 30 anos como xurista especializada en Dereitos Humanos (migracións e exclusión social severa), tanto en España como en América Latina, e avogada
no Grupo de Apoio Xurídico, experta en Dereitos Humanos, Vivenda e Criminaliza.

No encontro participarán voluntarios pertencentes ás Cáritas Diocesanas de Galicia: Santiago, Mondoñedo- Ferrol, Tui-Vigo, Ourense e Lugo.
 O programa previsto é o seguinte:
10:00 Acollida
10:30 Oración
11:00 Talleres
13:15 Pleno e Conclusións
14:30 Comida
16:30 Eucaristía

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...