As queimas agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia a partir deste venres

21 Marzo 2024

A partir de que este venres, 22 de marzo, quedarán prohibidas en Galicia as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares “ata novo aviso”.

Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa directamente o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, que son debidamente planificadas e dispoñen dos medios de extinción precisos

Isto implica que non se darán máis permisos e que os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste venres.A decisión tomouse, informa a Xunta de Galicia nun comunicado, tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados detalladamente os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que, desde este venres e ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.