Axenda da Semana Santa na edición impresa gratuíta de “O Barbanza”. Actividades e turismo completan os contidos da nosa revista mensual

29 Marzo 2024

Un novo número de “O Barbanza” sae do prelo nunha edición impresa dobre. A publicación que chega o número 59 e 60, xa está en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos de Semana Santa. Nesta edición facemos un parte de obras, proxectos e eventos, adiantamos actividades culturais e de dinamización comercial de cara a este tempo de festas e relixiosidade.

Especial contido neste número á cultura da comarca con artigos e recuperamos o “Prólogo dun libro inédito de Carlos García Bayón” sobre “Xunqueiras, os Gasset e outros personaxes na súa segunda entrega”.

Coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 6.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos, descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario na nosa rediseñada web “obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.189 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, colaboracións denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.

As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook, que supera estes días os 4.000 seguidores e twitter.

O noso próximo número sairá a principios de maio co especial Letras Galegas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.