Comezou dende o Faro de Corrubedo o itinerario por “A Orixe” impulsado polo Concello de Dodro

21 Marzo 2024

Este sábado 16 de marzo un grupo de camiñantes-sendeiristas do concello de Dodro comezou o Camiño A Orixe desde o Faro de Corrubedo. Realizarán en seis etapas o percorrido até Padrón, a través do itinerario xacobeo do Barbanza, os días 16 e 23 de marzo, 13, 20 e 27 de abril e 4 de maio.

Na primeira etapa percorreron unha distancia aproximada de 18 quilómetros visitando a vila de Corrubedo, o Parque Natural de Corrubedo (onde puideron desfrutar das dunas, a flora e a fauna das lagoas de Carregal e Vixán e praias únicas como as de A Ladeira ou o Vilar) para rematar ó pé da Capela de A Guía en Carreira.

O Concello de Dodro habilitou 50 prazas para esta experiencia de sendeirismo.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe e o Concello de Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.