O conselleiro do Mar visita Conservas Cortizo en Rianxo

20 Marzo 2024

Na mañá deste 20 de marzo, o conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, visitaba as instalacións de Conserva Cortizo en Rianxo e aproveitaba para louvar ao sector conserveiro galego como motor económico e fonte de emprego de calidade así como a súa capacidade exportadora. Villares quixo tamén salientar a traxectoria desta empresa familiar “baseada no uso dunha excelente materia” e o coidado da mesma durante o proceso de elaboración artesanal e tradicional dos seus produtos para achegar aos consumidores o mellor sabor dos nosos mares.

O responsábel autonómico subliñou que grazas ao traballo de empresas como Conservas Cortizo “a nosa comunidade mantén o liderado nacional na elaboración destes produtos acaparando o 75% da produción e o 69% da facturación que ronda os 900 millóns de euros anuais”. Tamén sinalou a capacidade exportadora do sector levando os seus produtos a 130 países o que demostra o recoñecemento da calidade e sabor da conserva galega nos mercados internacionais.

Deste xeito, o conselleiro fixo fincapé nas excepcionais calidades do peixe e marisco galegos e na profesionalidade e experiencia do sector como “principais claves do seu éxito” e nesa liña indicou á empresa rianxeira como exemplo, procesando cada ano ao redor de 5.000 toneladas de materia prima. Asemade, eloxiou os esforzos da compañía por innovar e mellorar os seus produtos así como por coidar a súa calidade e seguridade alimentaria cun laboratorio propio de control. Un traballo que lle valeu a súa inclusión no selo de Galicia Calidade.

Outros artigos

Luns 20 con ceo cuberto na comarca e temperaturas sen cambios

O luns comeza con ceos parcialmente nubrados sen descartar algunha chuvia feble ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución que poden derivar en algún chuvasco, máis probable en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión