Alumado de Boiro e Portugal participa nun intercambio audiovisual de man de Olloboi

18 Marzo 2024

O IES A Cachada e o Festival Olloboi, coa colaboración do Concello de Boiro, desenvolven estes días unha experiencia de intercambio docente e cultural con alumnado de audiovisuais dun centro de Viana do Castelo (Portugal) para fomentar o uso do portugués e audiovisual. A concelleira de Cultura; María Outeiral, estivo este luns no encontro co alumnado que tivo lugar durante unha visita ao Pazo de Goiáns, xunto coa profesora de tecnoloxía, Ana Moreiras, e o mestre de portugués, Denís Vicente.

Participan preto de 50 alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES A Cachada e de Viana do Castelo que, durante tres días van realizar actividades na contorna. Este proxecto nace dende as materias de portugués e tecnoloxía para que “o alumnado que está aprendendo portugués poida ter espazos de uso con persoas nativas, á vez que se traballa nun proxecto audiovisual”, afirmou o mestre de portugués, Denís Vicente.

Nesta primeira xornada estiveron coñecendo Boiro, pola mañá en Cabo de Cruz para familiarizarse co remo, realizar unha andaina polo litoral ata o Pazo de Goiáns onde concluíron o día cunha xincana. “Estamos encantados de acoller un proxecto como este, que crea sinerxías entre os alumnos dunha maneira dinámica para familiarizarse co idioma e tamén co audiovisual”, afirmou a concelleira María Outeiral.

O martes irán a Santiago para coñecer a cidade e tamén coñecer un pouco máis do mundo audiovisual galego da man de cineastas para, o mércores, participar na muchachada Olloboi.

O alumnado participante, dividido en catro grupos, terá que rodar en Boiro as súas propias pezas audiovisuais. “Este ano facemos Olloboi dunha maneira máis descentralizada e contaremos con cineastas, alumnado doutros institutos de Boiro e a colaboración de persoas maiores que contarán historias do municipio para inspirar as pezas”, afirmou Ana Moreiras.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.