Teatro do Noroeste leva “As damas de Ferrol” ao Auditorio de Rianxo

15 Marzo 2024

O Auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro 5 de abril a estrea no Barbanza de As damas de Ferrol de Teatro do Noroeste, unha función encadrada na programación da Primavera Cultural organizada polo Concello. O espectáculo, para maiores de 16 danos e de 90 minutos de duración, dará comezo ás 21.00 h. Será de balde ata completar capacidade (con retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función, máximo 2 por persoa).

As damas de Ferrol é un texto en clave feminista dirixido por Clara Gayo, protagonizado por Mónica Camaño e Casilda Alfaro, con música orixinal de Chefa Alonso, escenografía e vestiario de Carlos Alonso e dramaturxia de Eduardo Alonso. Trátase dunha comedia de humor negro a ritmo de jazz onde dúas irmás maiores repasan a súa vida entre disputas e absurdos, cunha morte como transfondo e coa cidade de Ferrol como protagonista.

A lonxeva compañía Teatro de Noroeste regresa a Ferrol “cunha proposta que revisita un dos textos máis senlleiros do seu repertorio abrindo agora unha renovada liña de traballo”.

As súas protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores.

As dúas personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, acontecer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes. Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...