Os obradoiros de preparación para acceder ao Conservatorio de Ribeira comezan o 8 de abril

12 Marzo 2024

A concelleira de Educación Cruz Rivadulla e o director do Conservatorio de Ribeira, Álvaro López presentaron este martes 12 de marzo os obradoiros de preparación para o acceso ao Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal. Son obradoiros para nenos a nenas de entre 8 e 14 anos que desexen facer a proba de acceso para cursar estudos no Conservatorio, segundo sinalaron na presentación, explicando que a actividade vén en 4 sesións para que os rapaces se poñan en contacto coas distintas modalidades que se imparten no centro.

Segundo explicou o director, o obradoiro será gratuíto e impartido polo profesorado do centro. As inscricións poderanse facer a través da páxina web do Concello a partir do día 2 de abril e as prazas asignaranse por orde de chegada, xa que hai un ratio de 15 alumnos e alumnas por grupo.

“Para acceder ao grao elemental de música é preciso facer a proba de acceso, na que se traballan aspectos técnicos de carécter auditivo e psicomotriz” explicou Álvaro López, engadindo que “o obradoiro estará distribuído en 4 grupos, que terán unha sesión semanal de clase cunha duración de 45 minutos, onde se traballarán estes aspectos técnicos.”

O obradoiro do primeiro grupo impartirase os días 8, 15, 22 e 29 de abril, o segundo o 9, 16, 23 e 30 de abril, o terceiro grupo impartirase os días 10,17, 24 de abril e 8 de maio, e por último, o cuarto grupo 11, 18, 25 de abril e o 2 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.