O inverno climatolóxico 203-24 en Galicia é o cuarto máis cálido da serie histórica

08 Marzo 2024

O inverno climatolóxico 2023-2024 (decembro, xaneiro e febreiro) en Galicia foi o cuarto máis cálido da serie histórica -que se
remonta a 1961- ao rexistrarse unha temperatura media de 10 graos centígrados. Así o destacou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, durante a súa visita a MeteoGalicia con motivo da presentación do balance climatolóxico desta estación.
A responsable autonómica detallou que xaneiro e febreiro foron especialmente calorosos, o que situou a temperatura deste inverno 1,5 graos por enriba da media histórica, ao tempo que o mes de xaneiro se converteu no máis cálido dos últimos 58 anos, case seis décadas.
A vicepresidenta segunda en funcións tamén destacou que o volume de choivas rexistrado -522 litros por metro cadrado- é un 18% superior ao que vén sendo habitual neste período, especialmente polas abondosas precipitacións do mes de febreiro. Neste caso, mentres as choivas de decembro e xaneiro estiveron dentro da normalidade, o mes pasado caracterizouse por precipitacións moi superiores ao agardado cunha media de 196 litros por metro cadrado, un 64% por enriba do valor climatolóxico desta estación.
Ángeles Vázquez salientou que este balance é froito dos datos que diariamente recollen as estacións -11 de temperatura e 16 de precipitacións- que hai repartidas pola xeografía galega e que contribúen a facer un seguimento e análise continua dos fenómenos
meteorolóxicos e climáticos. Por iso, puxo en valor a importancia de mantelas en bo estado e optimizar as súas prestacións de xeito constante.
Calidade do aire
Nesta liña, a responsable autonómica incidiu en que outro dos aspectos que avalía MeteoGalicia é a calidade do aire, para o que a comunidade conta con 47 estacións de control -tanto públicas como privadas- distribuídas polo territorio galego que acreditan a
boa calidade do aire da comunidade. Esta rede de recollida de datos, indicou, está tamén en constante renovación, ampliación e mellora para manterse como unha das máis importantes de toda España.
A vicepresidenta segunda en funcións explicou que neste obxectivo se enmarca a recente incorporación á rede pública galega dunha estación de calidade do aire cedida pola empresa Endesa no concello de Ferrol. Este punto de recollida de datos seguirá así
avaliando a calidade do aire na cidade ferrolá e na súa área metropolitana -pero baixo xestión da Xunta- contribuíndo a enriquecer as series temporais longas de valores da calidade do aire xa existentes e a identificar patróns e tendencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.