Nova homenaxe a Valle-Inclán a carón da súa escultura na Alameda de Santiago, coa participación do museo pobrense que leva o seu nome

07 Marzo 2024

O director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Antonio González Millán, participou este xoves 7 de marzo no acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán da Alameda de Santiago.

A homenaxe veu da man da Fundación Eugenio Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e o Foro Galicia e Valle-Inclán. Asistiron representantes do Concello compostelán, por exemplo a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e integrantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández. Os asistentes leron distintos fragmentos da obra de Valle-Inclán extraídos do folleto Ruta literaria Valle-Inclán publicado polo Museo Valle-Inclán da Pobra co motivo do Roteiro Santiago de Compostela: Rosa Mística de pedra, e a continuación colocaron a bufanda na escultura do autor arousán sita na alameda compostelá.

Este acto, que a Fundación Eugenio Granell realiza dende o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán no paseo de Recoletos, en Madrid, o Día do Teatro. Neste caso conmemórase o regreso real e simbólico do escritor a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.