O alumnado do Obradoiro de Emprego de Boiro traballa no acondicionamento do parque da Cachada

05 Marzo 2024

O alumnado participante no Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III do Concello de Boiro estes días levando a cabo traballos de acondicionamento no parque da Cachada. O alcalde, José Ramón Romero, visitou este 5 de marzo a alumnado para coñecer de primeira man as tarefas que desenvolven. Tarefas como por exemplo o saneamento das masas arbóreas naquelas especies que están enfermas ou teñen risco de caer, ao que se suman os traballos do alumnado de xardinería no acondicionamento dos xardíns.

“Estes traballos son o inicio dun saneamento integral que se vai realizar na Casa da Cultura coa ampliación do auditorio mediante unha subvención Next Generation, e tamén a súa contorna coa mellora de camiños e iluminación do parque que se completará ao longo desta lexislatura”, afirmou o alcalde.

A formación está dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cada unha. Por un lado a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e, por outro lado, Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O alumnado recibe formación teórica e tamén práctica en espazos naturais do concello ao contar cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais.

O Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III do Concello de Boiro lévase a cabo mediante unha subvención de 531.046,20 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de obradoiros de emprego na comunidade autónoma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.