“Ana Peleteiro: nai e medallista no Mundial Indoor de Glasgow”. Anton Luaces

04 Marzo 2024

Antón Luaces-. Aos seus 28 anos, a atleta ribeirense Ana Peleteiro, especialista en triplo salto, acadou a medalla de bronce no seu retorno á pista cuberta após ser nai.

Foi nesta fin de semana e a súa medalla a primeira española na final do Mundial indoor de Glasgow cun salto de 14,75 metros. Esta é a súa segunda mellor marca e mínima olímpica para París. Por detrás queda un bronce olímpico en Tokio e outro no Mundial indoor de 2018, e prata e ouro no europeo baixo teito de 2021 e 2019, respectivamente,  e o bronce do Mundial de 2018 ao aire libre.

Será, tamén, a primeira medalla que Ana Peleteiro poderá ofrecer á súa filla.

Seis medallas na mochila e, seguro, as que aínda quedan por chegar tendo en conta a marca de 14,87 metros acadada na especialidade  do “hop, step and jump” que algúns ribeirenses practicaban, aló polos anos 50-60, no foxo de area do campo de deportes do Grupo Escolar.

É, seguro, este bronce acadado o domingo o mellor agasallo para a nena de Ana, para Lúa. Significa, amais, o segundo salto máis longo da carreira da triplista de Ribeira que escribiu o domingo unha nova páxina no seu libro vital.

Ana Peleteiro aceptou plenamente o desafío. Fíxoo sen medo: moito que gañar, pouco que perder. Deixouno nidiamente claro ao dar a volta de honra á pista con Lúa nos brazos. Alí estaba o seu ouro, o máis grande triunfo desta moza nai de Ribeira.

Parabéns, Ana Peleteiro, a atleta que olla o mar e brinca de tres en tres trancos na percura de manter a súa mellor marca: a de Lúa. Agora e sempre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.