
A Concellería de Cultura de Noia activa este venres 1 de marzo a iniciativa Cantos de Taberna, e faino coa colaboración da Asociación Pon un Sancosmeiro. Esta semana presentouse o programa de actividades (que xa podemos consultar nas redes) e dende o Concello e a dita asociación lanzouse un novo convite á cidadanía a participar.
Coma en anos anteriores a finalidade deste proxecto é fomentar e reivindicar a tradición musical popular galega, estreitamente vencellada á hostalería das nosas aldeas, vilas e cidades. Nesta edición púxose o foco en achegar unha completa axenda de obradoiros e sesións coa que sumar novos adeptos e intérpretes á tradición da música popular noiesa de taberna. A idea, novamente, é reivindicar as cancións que acompañaron a historia de Noia nas décadas pasadas.
As actividades celebraranse os días 1 e 8 de marzo e os días 5 e 19 de abril nos establecementos participantes: Lelo, A Parra, Gasset, Solpor, Habana, Jara-Tussas, Senra, Tapal, Tamara, Equs, Baobab e Lelé.
Na presentación do programa o concelleiro de Cultura, Pepe Pérez agradeceu á Asociación Ponte Un San Cosmeiro, aos bares e aos grupos a súa participación e cooperación nesta iniciativa.



