O Colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’ , de concienciación sobre a igualdade de xénero

28 Febreiro 2024

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, achegouse esta mañá ao Colexio CEIP Felipe de Castro de Noia para asistir ás distintas actividades que estes días está levando a cabo este centro no marco do programa Cinema con perspectiva impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa asociación cultural FICBUEU e que ten como obxectivo concienciar aos nenos e mozos sobre a igualdade e a perspectiva de xénero.

O Felipe de Castro é un dos 40 centros participantes na edición deste ano, que abrangue a proxección de curtametraxes con temática de igualdade de xénero, a organización de coloquios para estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes en materia de igualdade presentes nas filmacións e o desenvolvemento de obradoiros educativos para a creación dunha sinxela produción audiovisual.

Cinema con perspectiva está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado pode crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.