Noia está novamente de loito, tras confirmarse o falecemento este pasado serán (o luns 26), en accidente de tráfico, do músico local Brais Tomé, membro do coñecido Dúo Togayán. O Concello e a Corporación local mandan dende as redes sociais o seu profundo pésame á familia nestes duros momentos. O accidente sucedeu ao parecer na tarde-noite deste luns, cando o coche que Brais conducía esnafrouse contra un camión mentres regresaba á súa terra. Brais tiña 36 anos e traballaba nunha refinería en Tarragona. Segundo puidemos saber, o coche que conducía chocou contra un camión á altura de Zaragoza. Integraba o Dúo Togayán xunto a seu pai, José Ramón Tomé Mayán, un referente local e galego das verbenas, dos festivais e das romarías.




