Máis de medio cento de persoas arrouparon a Lucía Rodríguez Figueira na presentación do seu primeiro libro, “Nora”

26 Febreiro 2024

Máis de medio cento de persoas arrouparon este sábado 24 de febreiro á escritora lousamiá Lucía Rodríguez Figueira durante a presentación do seu primeiro libro Nora. A cita foi no auditorio da Casa da Cultura de Lousame e no que a escritora de Zaramagoso (Fruíme) foi presentada pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e pola traballadora municipal Maite Sobradelo.

Lucía Rodríguez é a pequena de cinco irmáns, nacida en Lousame o 1 de xuño de 1987. Estudou Formación Profesional de Comercio, se ben traballou de camareira dez anos ata que no 2017 cambiou a hostalaría polo mundo da conserva. Na que foi a súa primeira presentación literaria, Lucía explicou aos presentes, “os meus amigos, veciños e coñecidos”, que comezou a escribir como un pasatempo antes de ser nai pero que, cando quedou soa co bebé, non dispuña de tempo libre e deixou a escritura a un lado.

Despois recuperou o gusto pola escritura a través dun concurso de micro-relatos eróticos convocado por Diversidad Literaria a través de Facebook. O seu relato foi escollido entre todos os presentados en España para formar parte dun libro de temática erótica e comercializado a través de Internet. Como o relato de Lucía foi un dos dous mellor acollidos, a editorial ofreceulle un contrato para escribir este libro en solitario presentado este sábado en Lousame.

Segundo explicou, Nora é unha historia de traizón e celos editada por Diversidad Literaria que combina momentos románticos con escenas eróticas. Conta a historia de Nora, unha muller submisa inmersa nun matrimonio cheo de mentiras e enganos ata que, coa axuda duns bos amigos logra saír dese burato, fortalecendo a súa autoestima e vencendo os seus medos. Para logralo, superará situacións de medo, indecisión e traizón, ademais doutros momentos fermosos como atopar o verdadeiro amor que a axuda e a apoia sen condición.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.