En Outes estará aberto até o 4 de marzo o prazo para presentarmos solicitudes para optar ao cargo de xuízo de paz

26 Febreiro 2024

O Concello de Outes informou de que dende o día 9 de febreiro até o día 4 de marzo de 2024, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para nomeamento como xuíz de paz titular do municipio.

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Pode ser xuíz de paz calquera cidadán español que sexa maior de idade e que non teña causa de incapacidade ou de incompatibilidade para desempeñar funcións xudiciais, aínda que pode ter a súa propia actividade profesional ou mercantil e non é necesario que dispoña do título de licenciado en Dereito.

A figura do xuíz de paz existe en todos os municipios onde non existe un xulgado de primeira Instancia. Así, o Xulgado de Paz actúa como órgano de representación da Administración de Xustiza. Un xuíz de paz é xuíz lego, non profesional, que leva a cabo funcións xurisdicionais en todo o municipio e que integran o Poder Xudicial durante o tempo que está a desempeñar este cargo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.