Ana Lojo Chan presenta na Pobra o seu libro de poemas “5”

26 Febreiro 2024

O mes de marzo comeza na Pobra do Caramiñal cunha nova presentación literaria. O público pobrense terá a ocasión de coñecer máis polo miúdo o poemario 5, de Ana Lojo Chan. A cita será o 1 de marzo, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Xunto coa autora compartirán a mesa a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a escritora Marta Ojea.

O libro convida a desfrutar da vida cos 5 sentidos; unha evolución dende a tristeza a pensamentos máis optimistas.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.