Aprazado en Muros o concurso de comparsas deste domingo por mor do mal tempo

23 Febreiro 2024

O Concello de Muros emitiu un comunicado no que informa de cambios na programación do Entroido desta fin de semana, cando estaba prevista, o domingo, o concurso de comparsas.

Dende o Consistorio detallan que “con gran pesar, pero sendo responsábeis, queremos informar á nosa veciñanza que o tan agardado concurso de comparsas, programado para este domingo 25 de febreiro, lamentablemente posporase, outra vez, debido á previsión de chuvias persistentes”.

No comunicado engádese que “tralas consultas realizadas con Meteogalicia sobre as condicións meteorolóxicas previstas para o día do evento, recibimos a confirmación da chegada dunha fronte de chuvias persistentes. Xunto con isto, a Garda Civil tamén recomenda o seu aprazamento”.

Por iso, co “propósito de garantir a seguridade e o divertimento de todas as persoas participantes e do público”, o Concello tomou “a difícil decisión de aprazar o concurso”. A nova data de celebración será comunicada debidamente nos próximos días, unha “vez que avaliemos todas as opcións dispoñíbeis”.

O comunicado remata cun profundo agradecemento á comprensión e paciencia da veciñanza neste asunto: “Estamos comprometidos a ofrecer un evento da máxima calidade e estamos seguros de que, co voso apoio, conseguiremos facelo realidade nunha data próxima”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.