“É cousa de todos. máis so a xente do mar limpa o que, entre eses todos emporcamos na costa”. Antón Luaces

22 Febreiro 2024

Entra a  veciñanza mdas poboacións costeiras de Galicia váise espallando nos últimos tempos una verba que tenta describir a negativa actividade que algúns visitantes realizan, nomeadamente na tempada de verán. Son os cualificados de “fodechinchos”, un xeito de apuntar-a veces indebidamente- aos que antes denominabamos “turistas” polo exclusivo feito de non seren do noso pobo, da nosa contorna.

“Fodechinchos” porque, disque, apañan mexillóns, minchas, lapas, polbos, ameixas, berberechos, etc., sen respetaren vedas e que levan para os seus domicilios evitando, deste xeito, o consumo en tendas, bares e restaurantes que, en teoría, dan maior rendibilidade a esa visita.

Esa denominación non se aplica, sen embargo, a aqueles outros que, facendo o mesmo que os “fodechinchos”, pescan ou capturan o que os profesionais da pesca e o marisqueo non fan, ben porque respectan vedas/tamaños ou, simplemente, porque son conscientes de que ese respecto é indispensable para que o mar siga a ser fonte de beneficios sociais e económicos para milleiros de persoas que dependen da pesca e/ou o marisqueo.

Este respecto, este se involucrar no coidado do medio mariño e a riqueza que del pode estraerse, é santo e sinal para máis de 700 mariscadoras/es e 30 embarcaciòns de toda caste que, nos últimos anos, acometeron labores de recolleita de lixo (máis de 400 toneladas) en praias de Muros, Noia, Vilanova, Vigo, Cambados, O Grove,  Vilabosa, Corcubión, O Pindo, Baldaio, Caión, Mugardos, Ferrol,  Cedeira e Pontedeume. Limpezas activas realizadas a pé e dende embarcacións por profesionais do mar en Galicia que nos últimos  catro anos desenvolveron proxectos de protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños permitindo deste xeito retirar da costa vidro, cerámica, algas,, madeira e plásticos.

As máis de 300 limpezas activas realizadas e as recolleitas levadas a cabo nas xornadas de traballo de pesca ou marisqueo involucraron a perto de 1.200 persoas e a 145 embarcacións de confrarías de pescadores espalladas por toda a xeografía galega. Un labor encomiable cuxos resultados terán efectos moi positivos para os “fodechinchos” (que aprenderán a respectar o que é de todos) e tamén para aqueles outros que, sendo “da casa”, ,ootan por ignorar que hai persoas que dependen en grande medida do que o mar lles da a cotío-

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.