“Máis de 600.000 euros para melloras en infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos galegos” – Antón Luaces

20 Febreiro 2024

Son once as confrarías que, xunto cunha asociación de armadores (Asociación de Armadores do Porto de Vigo, ARVI) reciben preto de 650.000 euros que a Xunta destina a melloras en infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos. Mais, curiosamente, sendo a comarca do Barbanza unha das máis importantes de Galicia en materia pesqueira e marisqueira,  nen un só dos seus portos figura na listaxe dos beneficiados nesta oportunidade.

Nen  Ribeira, nen Aguiño, Corrubedo, Palmeira, Portosín, Porto do Son, Noia, A Pobra, Boiro, Cabo de Cruz ou Rianxo van verse beneficiados na edición deste ano dos fondos Fempa que contemplan un total de 17 proxectos para avanzar  na seguridade e condición de traballo do mariñeiros,, na eficiencia enerxética e protección ambiental, amáis da conservación do peixe e marisco e a súa trazabilidade.

A convocatoria prevista para este ano -aberta ata o 29 de febreiro- contempla unha liña de acción de arredor de 10 millóns de euros ata 2025, coa novidade de favorecer medidas que preparan as dársenas fronte ao cambio climático. Mais, coñecendo o estado lamentable no que se atopan os portos barbanzáns, que non  apareza nen siquera un deles na  listaxe da Consellería do Mar chama a atención, como mínimo.

Na resolución dada a coñecer este luns (a segunda para 2023) favorécese una iniciativa de ARVI que contará con 114.700 euros de apoio; dúas actuacións do pósito de  Cambados que suman 107.580 euros e outras dúas de Ares con preto de 91.700 euros. Cangas rolda un apoio de 73.700 euros e as outras confrarías con respaldo de diferente contía son as de Sada, Barallobre, Camariñas, Lira,  Burela, Santa Tegra, Pontedeume e Vilaxoán.

Destas axudas -o FEMPA cubre o 70% do investimento e a Xunta o 30% restante- benefícianse tanto as confrarías como as agrupaciòns de interese econòmico do sector pesqueiro, organizacións de produtores de pesca, cooperativas, asociacións profesionais de persoas mariscadoras e de redeiras.

Entre 2023 e 2025, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro prevé destinar 10 millóns de euros a obxectivos colectivos de  modernización das instalacións que utilizan os profesionais do mar nos portos, estratexia que se integra nun Plan de Equipamentos Pesqueiros de Galicia 2030, que permitirá, xunto a Portos de Galicia, mobilizar investimentos totais  ercanos aos 35 millóns de euros.

Compre supor que, aínda que non sexa moito,, se lle dea á comarca do Barbanza o que verdadeiramente merece e precisa.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.