A Cámara de Santiago móstranos como tirar proveito da publicidade en Facebook e Instagram

14 Febreiro 2024

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de febreiro unha nova actividade centrada en facilitar a plena transformación das pequenas e medianas empresas e das persoas autónomas da contorna compostelá e da demarcación, desta volta poñendo o foco nas redes sociais e no seu potencial para axudar aos negocios a seren máis rendíbeis, competitivos e visíbeis. Trátase do seminario en liña Como utilizar o poder da publicidade en Facebook e Instagram. Celebrarase entre o 19 e o 23 de febreiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os obxectivos do curso son coñecer as posibilidades e o alcance da ferramenta de publicidade de Facebook (inclúe publicidade en Instagram), aprender a deseñar unha estratexia de publicidade en Facebook Ads integrada cun plan de mercadotecnia dixital, aprender a crear unha campaña básica en Facebook + Instagram e ter coñecementos para interpretar estratexicamente os resultados e estatísticas das campañas.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...