Lousame celebrou a súa Festa de Entroido con máis de 750 asistentes

11 Febreiro 2024

O Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra acolleu este sábado 10 de febreiro o tradicional Festival de Entroido do Concello de Lousam. A festa foi amenizada este ano por Moc Moc, un clown musical que tamén traballa outras disciplinas tales como os malabares, a maxia e a música, a través dunha disco móbil.

O festival de Entroido foi o máis numeroso dos últimos anos e contou con obradoiros, xogos variados e inchábeis para os máis pequenos, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros ós asistentes. Así mesmo, repartironse caramelos entre todos os nenos e nenas que acudiron disfrazados.

Un ano máis, e van xa oito seguidos, non houbo concurso de disfraces, que foi substituído por un divertido desfile de disfraces.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.