A hostalería de Noia poderá formarse en inglés básico este mes de febreiro

02 Febreiro 2024

O Concello de Noia vai organizar este mes un curso de inglés básico dirixido a profesionais do sector da hostalería, co obxectivo de incrementar a súa competitividade a ampliar, tamén, a capacidade de atracción das empresas locais. A duración desta actividade formativa, que se presenta baixo o epígrafe A table for two (Unha mesa para dous), será de 10 horas en horario de mañá.

O curso está orientado a capacitar aos profesionais no dominio do inglés básico en situacións reais como atención ao cliente, xestión de reservas e atención telefónica. O número de prazas é limitado e as inscricións haberá que facelas antes do 28 de febreiro, a través da conta de correo culturaconcellodenoia@gmail.com indicando nome, DNI e teléfono.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...