
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá durante todos os sábados de novembro obras de teatro de gran nivel, a través da III Mostra de Teatro do municipio. As actuacións darán comezo a partir das 21.00 horas e as entradas poderanse adquirir a partir do 7 de outubro na oficina de cultura, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h ou previa á función (o pagamento deberá realizarse só con tarxeta bancaria).
A estrea será o 7 de novembro, coa obra A Parábola do Angazo de Talía Teatro. Trátase dunha función recomendada para público xuvenil e adulto.
A mostra continuará o 14 de novembro coa función Os dous de sempre, da compañía Excéntrica. Función recomendada a partir de 13 anos.
O seguinte sábado, 21 de novembro, poderase desfrutar da obra A vida de Brais, do Teatro Airiños. Esta función será de balde e apta para todos os públicos.
A compañía Malasombra será a encargada de pechar esta III edición da Mostra de Teatro, o 28 de novembro coa súa obra Cotorras. Función apta para todos os públicos.
A proposta A Vida de Brais poderanse ver completamente de balde e as entradas para as demais obras poderán adquirirse a un prezo de 4 euros a partir do 7 de outubro na Oficina de Cultura, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou previo á función.



