Unha fronte traerá ceos cubertos e unha caída das temperaturas diúrnas a Santiago e ás Rías Baixas

06 Outubro 2026

O paso dunha fronte meteorolóxica marcará o tempo na comunidade ao longo desta xornada do mércores, Nosa Señora do Rosario, deixando un escenario de inestabilidade caracterizado por ceos moi anubrados e precipitacións xeneralizadas. As chuvias serán especialmente persistentes e intensas na metade norte do territorio, onde non se descarta que poidan vir acompañadas de aparato eléctrico de xeito local.

No resto do país agárdanse tamén ceos cubertos e posibilidade de precipitacións de carácter máis disperso, dentro dunha tónica xeral de tempo desapracíbel.

Outro dos factores destacados do día será a caída das temperaturas(máximas de 20 a 24 graos). Os termómetros experimentarán un descenso xeneralizado, que se fará especialmente evidente nos valores máximos diúrnos, deixando un ambiente fresco e desapracíbel en comparación con xornadas anteriores.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...