Ribeira será un dos escenarios do proxecto piloto de navegacións libres de adiccións da Fundación Galega Contra o Narcotráfico

05 Outubro 2026

O programa Adestrar sen pantallas. Gañar en saúde chega a Ribeira da man da Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN), coa colaboración do Concello, co obxectivo de fomentar un uso saudábel da tecnoloxía dende o deporte. Segundo informou o Concello, xa están convocadas as familias e clubs deportivos para a presentación de dita iniciativa no xoves, 8 de outubro, ás 17.00 horas, no vello Auditorio municipal, a cargo de Antonio Rial Boubeta, da Universidade de Santiago de Compostela, e Joaquín González Cabrera, da Universidad Internacional de La Rioja.

Trátase dun programa pioneiro impulsado pola FGCN e deseñado por expertos para a prevención, a través do deporte, das adiccións a Internet, móbiles, redes sociais, videoxogos e apostas, o cal conta co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración técnica das referidas institucións universitarias.

Unha vez perfilados os últimos detalles, esta iniciativa comezarase a implantar como proxecto piloto nos municipios de Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Cambados e A Estrada para promover dende o ámbito deportivo un uso saudable das pantallas entre a mocidade galega, rapazada con idades comprendidas entre os 12 e 13 anos. Para tal cometido, contarase coa colaboración das Administracións locais citadas, clubs participantes e federacións das disciplinas do atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol e ximnasia, coa vontade de estendelo a outras localidades e modalidades en fases sucesivas.

Adestrar sen pantallas. Gañar en saúde céntrase no desenvolvemento de competencias emocionais e relacionais, nos riscos asociados ao uso abusivo das pantallas e nas estratexias para a promoción do benestar dixital; papel onde os/as adestradores/as adquiren gran relevancia. En consecuencia, as actuacións previstas buscan instar ás familias e á comunidade para tomar conciencia e fomentar a práctica deportiva e a actividade física como alternativa de lecer saudábel e desenvolvemento integral das persoas.

Outros artigos

O experto dixital Pedro García Aguado estará este martes en Ribeira

Pedro García Aguado impartirá un programa de charlas en Ribeira, este martes 6 de outubro e destinadas ao alumnado de 3º e 4º da ESO e tamén ao público en xeral do termo municipal e do Barbanza. Darán comezo ás 10.15 horas e porán o foco en como identificar e previr...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.