O Liceo Marítimo de Ribeira acolle a presentación do libro de artista «Estaleiro»

04 Outubro 2026

A obra, creada conxuntamente por Mariña Pérez Rei e Antonio Piñeiro, combina poesía e pintura nunha edición artesanal onde cada exemplar é único.

As instalacións do Liceo Marítimo de Ribeira acolleron este sábado, 3 de outubro, a posta de longo de Estaleiro, un libro artístico concibido a catro mans pola escritora Mariña Pérez Rei e o artista Antonio Piñeiro. O acto contou cunha ampla asistencia de público e coa participación de Ana Barreiro, concelleira de Cultura, e Xosé Pérez Pijuán, presidente da entidade anfitrioa.

A obra, dirixida especialmente ao ámbito do coleccionismo e da bibliofilia, xorde ao abeiro do dinamismo cultural do propio Liceo. Trátase dun proxecto de longo percorrido cuxo proceso de elaboración arrancou en 2025 e concluíu ao longo de 2026 antes de ver a luz publicamente neste inicio de outono.

Estaleiro destaca pola súa confección integramente artesanal e a súa condición de peza irrepetible. Cada volume conta cunha encadernación de capa ríxida intervida de xeito individual a man, o que garante que non existan dous exemplares iguais. O interior segue o mesmo principio de exclusividade: os textos foron mecanografados folla por folla e todas as intervencións pictóricas son creacións directas e orixinais, descartando calquera tipo de reprodución mecánica. A montaxe, o cosido e os acabados finais realizáronse tamén manualmente.

Durante o evento, a organización fixo entrega formal dun exemplar a Ana Barreiro para a súa incorporación aos fondos bibliográficos municipais, nun xesto que reflicte a colaboración habitual entre o Concello de Ribeira e o Liceo Marítimo no desenvolvemento das actividades asociativas e culturais da vila.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...