O experto dixital Pedro García Aguado estará este martes en Ribeira

05 Outubro 2026

Pedro García Aguado impartirá un programa de charlas en Ribeira, este martes 6 de outubro e destinadas ao alumnado de 3º e 4º da ESO e tamén ao público en xeral do termo municipal e do Barbanza. Darán comezo ás 10.15 horas e porán o foco en como identificar e previr as adiccións ao mundo dixital. As sesións serán no Auditorio Municipal. A alcaldesa, María Sampedro, acompañará a García Aguado na inauguración dos relatorios.

O Concello de Ribeira colabora nesta iniciativa: unha sesión enmarcada na xira de coloquios de Pedro García Aguado pola xeografía galega, impulsada pola Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado (CECEGalicia)

A primeira das charlas irá destinada a alumnado de 3° e 4° da ESO de tódolos centros educativos do municipio, de 10.15 a 11.30 horas, no novo Auditorio Municipal; mentres que a segunda está orientada a pais, nais, profesorado e todo o público en xeral, en horario de 17.30 a 19.00 horas. Para a sesión da tarde só se require inscrición en liña.

Pedro García Aguado é un reputado educador parental, conferenciante e experto na prevención e intervención de adiccións ás novas tecnoloxías e redes sociais. É ex-campión olímpico de waterpolo e ex-presentador do programa de televisión Hermano Mayor. Redirixiu a súa traxectoria profesional cara á axuda de familias no ámbito do comportamento xuvenil. O seu traballo focalízase en abordar o impacto e os riscos que o uso non supervisado das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) causan nos menores de idade.

Outros artigos

A Policía Local de Muros estrea novo vehículo

A Policía Local de Muros conta cun novo automóbil, mellorando desta forma os seus medios materiais. O Concello xestionou a adquisición a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta e o vehículo realizará accións medioambientais e de protección do patrimonio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.