Luns con ceo cambiante e chuvias nocturnas para arrincar a semana en Santiago e nas Rías Baixas

04 Outubro 2026

A semana comeza con tempo inestable na capital galega e nas Rías Baixas por mor do aire frío en altura, a pesar do dominio anticiclónico en superficie. Agárdase un luns 5, San Froilán, con ceos cambiantes, con alternancia de nubes e claros e néboas matinais nos vales do interior compostelán.

Cara ao final do día, a entrada dunha fronte polo sur deixará precipitacións que comezarán polas Rías Baixas e irán avanzando cara a Santiago ao caer a noite.

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso(máximas 24 a 26 graos).. O vento soprará de compoñente leste, frouxo en xeral e con intervalos moderados no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar; vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá e 1 a 2 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e mar rizado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.