Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Creación Poética de Noia

08 Outubro 2026

Este outono abriu na Casa da Cultura e Noia “un novo espazo para quen escribe, para quen quere comezar a facelo e para quen sente curiosidade por descubrir todo o que pode agochar unha páxina en branco”. Trátase do Obradoiro de Creación Poética, impartido polo poeta Manuel López Rodríguez, impulsando dende a Área de Cultura do Concello.

As persoas participantes poderán achegarse durante cinco meses á técnica, ao método e ao proceso creativo da poesía. Será “un lugar para aprender, experimentar e, sobre todo, escribir”, en palabras do Concello.

A iniciativa diríxese a público adulto e xuvenil a partir de 13 anos.

Levarase a cabo todos os luns, de 20:30 a 22:00 h na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos.

O comezo será o 26 de outubro.

Máximo de 15 participantes.

O prezo será de 15 euros ao mes.

As inscricións están abertas ata o 23 de outubro, mediante instancia xeral na Sede Electrónica ou no Rexistro de Entrada do Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...