A compañía aAntena leva a Noia (este sábado) a obra “Sol Fuerza”

02 Outubro 2026

O Coliseo Noela de Noia acolle este sábado 3 de outubro a representación de Sol Fuerza, da compañía galega aAntena e protagonizada por Lucía Veiga. Será ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.

Trátase dun espectáculo para público adulto que mestura humor, música, memoria e crítica social para falar de enerxía, progreso e do impacto dos diferentes modelos de desenvolvemento sobre o noso territorio.

Entrada de balde ata completar aforo. As entradas poderán recollerse na billeteira o propio día da función.

A representación forma parte do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña e da programación cultural do Concello de Noia.

Sol Fuerza é unha farsa teatral baseada en feitos reais sobre fraudes industriais, memoria e enerxía. Unha comedia contemporánea que combina ironía, historia e crítica social cunha profunda conexión coa identidade galega. Tres historias entrelazadas levan ao público nunha viaxe que abrangue desde os anos 50 ata a actualidade, co toxo como símbolo central dunha Galicia que loita por non perderse entre promesas e progreso.

A obra conta coa presenza de Lucía Veiga, nomeada aos Premios Goya como Mellor Actriz Revelación, que se encarga de achega humor e profundidade á obra, e de Manu Fernández e Virxinia Bermúdez, recoñecidos pola súa versatilidade, completando un elenco que transforma cada historia en espectáculo.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.