Vella Escola habilita un “pump track” en San Lázaro (Noia)

13 Setembro 2026

Desde esta fin de semana, a contorna de San Lázaro (Noia) conta cun novo espazo para gozar sobre rodas da man da xente de Vella Escola. Trátase dun circuíto pump track instalado con motivo do festival Antares. Permanecerá en Noia ata o vindeiro 1 de novembro, aberto para todas as persoas que queiran achegarse e utilizalo.

A pista está preparada para bicicletas BMX, patíns, monopatíns, street boards e scooters, e a intención de Vella Escola e do Concello de Noia é “que durante estas semanas se converta nun espazo de deporte, ocio e convivencia, especialmente para a xente máis nova”.

Para gozalo con seguridade, o Concello lembra algunhas normas básicas:

O uso de casco é obrigatorio.

Os menores de 12 anos deberán estar supervisados por unha persoa adulta.

Circula sempre no mesmo sentido e respecta o resto de usuarios.

Non se recomenda utilizar a pista cando estea mollada.

Non está permitido o acceso con vehículos eléctricos ou de motor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.