Teresa González e Toña Somoza presentan na Casa da Cultura da Pobra a mostra “Universos Cromáticos”

01 Setembro 2026

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acollerá durante o mes de setembro Universos Cromáticos, unha exposición de pintura de Teresa González e Toña Somoza. A inauguración celebrarase este venres, 4 de setembro, ás 20.30 horas.

O acto contará coa participación da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e será presentado por Manuel Teira. A cita estará acompañada, ademais, pola música tradicional do grupo Xiada.

A proposta reúne dúas maneiras persoais de entender a pintura, froito das traxectorias de dúas creadoras cunha linguaxe definida e recoñecible e cun percorrido marcado pola dedicación e a paixón pola arte.

Toña Somoza presenta unha colección cun importante compoñente imaxinativo, na que a figuración funciona como elemento referencial e expresivo. A súa mirada surrealista dá lugar a escenas cargadas de cor, luz e movemento, con reminiscencias do cómic e influencias do impresionismo.

Pola súa banda, Teresa González constrúe un territorio creativo máis ligado á intimidade, aos silencios e á creación de atmosferas. Nesta entrega conviven diferentes expresións pictóricas, desde a abstracción ata o emprego de arpilleiras e costuras, con pezas que abordan tamén as relacións humanas desde unha linguaxe sensíbel e persoal.

Universos Cromáticos poderá visitarse durante o mes de setembro na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. A iniciativa forma parte da programación da Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.