“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

09 Setembro 2026

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén pide.
Cando viaxo, o que non descobre polo acento as miñas orixes, e pregunta a procedencia, desde agora quizais teña que responderlle coa pregunta tópica: e por que me pregunta iso?
A última vez, a semana pasada, en Mogán, da Gran Canaria, cando dixen que de Lugo o interlocutor vacilou, dubidou, e acabou confesando que hai unha rúa con este nome onde se concentra a prostitución, e cando un di “vou a Lugo”, vai ao que nós estamos pensando.
Pola I.A. averiguo que na Gran Canaria existe o Paseo de Lugo, ademáis dunha rúa na cidade de Telde. Profundo na consulta, e acláraseme que onde máis locales e vivendas están vinculadas coa prostitución é na rúa Molino de Viento, barrio de Los Arenales, zona históricamente coñecida como “El Lugo”. Asegúrama a confidente que “O Barrio de Lugo” é unha zona característica de las Palmas por albergar históricamente este que se cualifica de máis vello oficio dfo mundo.
Non pescudei máis, non fóra ser que comezaran a darme detalles innecesarios, porque co que hai que quedarse é que na Illa de Gran Canaria o nome de Lugo ten mala nota, como lle pasaba en tempos ao Barrio do Miño, o máis histórico da capital.
Cando o interlocutor me contou aquelo, non acertei máis ca a balbucear que aquí en tempos houbera algo así, pero a zona estaba sendo rehabilitada na súa totalidade. Non prestou ao tema a máis mínima atención.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.