Outes presenta unha trintena de obradoiros para iniciar o curso nos seus centros sociais

01 Setembro 2026

O Concello de Outes presentou a axenda de actividades (unha trintena de obradoiros cuadrimestrais) dos Centros Sociais de Outes: unha completa listaxe de propostas creativas, de lecer e deportivas que se desenvolven entre o mes de outubro de 2026 e xaneiro de 2027.

Cómpre anotarse no Centro Social da Serra a partir do 21 de setembro.

As actividades levaranse a cabo no Centro Social da Serra, no Centro Sociocultural de Pontenafonso, no Centro Sociocultural de Cando, no Centro Sociocultural de San Lourenzo, no Colexio do Cruceiro de Roo, no Centro Sociocultural de San Cosme, no Centro Náutico do Freixo e na Aula Sostible do Freixo.

Haberá obradoiros de memoria, de ximnasia, de pilates, de bailoterapia, de ioga, de traballos en coiro, de cestería, de gancho, de vainicas e de corte e confección.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.