O PSdeG de Rianxo propón ampliar o estacionamento en Tanxil e unha actuación integral na contorna da praia

10 Setembro 2026

O PSdeG rianxeiro propón conseguir a cesión dun terreo para estacionamento en Tanxil e impulsar unha actuación integral na contorna da praia.

O grupo socialista considera que “conseguir a cesión deste terreo sería unha oportunidade para crear un novo aparcadoiro e, ao mesmo tempo, abordar unha mellora integral da contorna”.

A proposta, din, “pasa por actuar sobre o propio terreo, mellorar e ampliar a estrada de acceso, dotar as vivendas dos servizos básicos de saneamento e estudar alternativas para a situación actual destas casas”.

Os socialistas consideran tamén que esta actuación debería permitir mellorar o acceso peonil ás praias de Tanxil e Quenxo, con beirarrúas que conecten o aparcadoiro coa baixada ás praias de forma máis segura e accesíbel.

“Conseguir a cesión sería o primeiro paso, pero debemos aproveitar a oportunidade para mirar a zona no seu conxunto e dar solución a necesidades que levan anos pendentes”, sinalan desde o PSdeG.

Para o PSdeG, é unha oportunidade para mellorar os accesos, os servizos, a mobilidade e a conexión coa contorna das praias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.