O Concello de Ribeira renova o equipamento cardiovascular e de musculación da Fieiteira

17 Setembro 2026


Co inicio do novo curso, o Concello de Ribeira deu avances na mellora e modernización das instalacións deportivas municipais. Fíxoo cunha importante renovación do equipamento do ximnasio do Complexo Deportivo A Fieiteira, que contará con novos aparellos para as áreas de exercicio cardiovascular e musculación.

A actuación articúlase mediante un contrato de subministración en réxime de arrendamento, sen opción a compra, cunha duración de catro anos (48 meses) e un orzamento total de licitación de 190.000 euros, IVE incluído.

O obxectivo é “ofrecer ás persoas usuarias do ximnasio un equipamento máis moderno, completo e adaptado ás necesidades actuais da práctica deportiva, contribuíndo a mellorar a experiencia de uso e a calidade do servizo que se presta desde o Complexo Deportivo A Fieiteira”, sinalou o Concello, salientando que “un dos aspectos destacados da contratación é que o mantemento do equipamento está incluído durante toda a duración do contrato, garantindo a conservación e o correcto funcionamento dos aparellos”.

A opción contractual é a de renting, que consistirá no alugueiro de maquinaria e incluirá o mantemento mensual durante catro anos, cun custo anual de 47.500 euros.

Dende o Concello sinalan que “a renovación do ximnasio forma parte da aposta municipal por poñer as instalacións deportivas ao servizo da cidadanía e adaptalas ás novas demandas das persoas que practican deporte”.

O Complexo Deportivo A Fieiteira é un dos principais espazos municipais para a práctica deportiva e a actividade física, polo que a actualización do seu equipamento permitirá reforzar a oferta existente e favorecer que máis persoas poidan practicar exercicio en condicións adecuadas.

Desde o Executivo local salientan que “o investimento nas instalacións deportivas é tamén un investimento en saúde, benestar e calidade de vida”.

Outros artigos

Desartellado un punto de venta de droga en Boiro

A Garda Civil informou do desartellamento dun punto de venda de droga no concello de Boiro. O corpo armado logrou incautar 60 dose de heroína, 31 de cocaína, 26 de haxix e 4 de marihuana. Ademais, o alixo incluía máis de 1.400 euros en efectivo Durante a actuación, as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Pioneros del cielo gallego”. Alberto Barciela

“Pioneros del cielo gallego”. Alberto Barciela

El lexicógrafo Eladio Rodríguez López, en su célebre diccionario editado por el Centro Gallego de Caracas, dejó anotada una de esas perlas que invitan a tirar del hilo de la historia. Al definir la palabra «aviación», aludía a un vecino del ayuntamiento lucense de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.