Na rúa o número 91 de ‘O Barbanza’ recolle os proxectos de inicio de curso, o impulso ao patrimonio e as grandes festas comarcais

09 Setembro 2026

A nosa revista mensual “O Barbanza“ publica a súa edición 91 correspondente ao mes de setembro de 2026. Un número marcado polo inicio da nova tempada, importantes proxectos de infraestruturas nos concellos e os eventos que poñen o ramo ás citas festivas do verán na ría de Arousa e na contorna sonense.

No eido municipal, o inicio de curso chega acompañado de destacados investimentos públicos. O Concello de Ribeira formalizou a adxudicación de catro contratos por máis de 312.000 euros, entre os que sobresae a construción do novo parque infantil da praza do Centenario por máis de 160.000 euros. Pola súa banda, O Porto do Son activa un ambicioso plan de obras prioritarias e saneamento con máis de 1,4 millóns de euros, mentres Rianxo inicia a licitación da primeira fase para renovar o firme do paseo marítimo entre Rinlo e a praia do Pazo.

A recuperación patrimonial e a modernización de servizos son outros dos eixos deste número, no que destaca o histórico regreso da escultura da Virxe de Guadalupe, obra de Francisco Asorey, ao seu emprazamento orixinal na praia de Tanxil tras máis de dúas décadas retirada. Así mesmo, repásanse os avances na rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro —adxudicada en 3,6 millóns de euros— e a remodelación do complexo deportivo da Tarela no Porto do Son.

A edición complétase cun amplo seguimento das citas culturais e tradicionais da comarca, detallando os programas do Carme sonense, o Nazareno da Pobra coa Procesión das Mortallas, a Guadalupe de Rianxo e Santa Uxía de Ribeira, canda espazos adicados á memoria local coa homenaxe ao intelectual Quico Domínguez, os novos obradoiros de emprego e o balance da duodécima edición do Torneo de Golf CONGALSA.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.