En Muros o Concello implanta medidas de seguridade viaria na contorna do CEIP Ramón de Artaza

10 Setembro 2026

Con motivo do inicio do curso escolar, o Concello de Muros e a Policía Local implantaron novas medidas de ordenación do tráfico nas inmediacións do CEIP Ramón de Artaza, destinadas a “mellorar a seguridade do alumnado, das familias e do transporte escolar, así como a facilitar a circulación nas horas de entrada e saída”. As medidas entraron en vigor co inicio da actividade docente, este mércores 9 de setembro.

As principais medidas son a habilitación dunha zona de uso exclusivo para o autobús escolar, nos horarios establecidos na sinalización e durante o curso en horario lectivo; a prohibición de circulación, agás para o autobús escolar nos horarios sinalados, na vía que bordea o CEIP Ramón de Artaza en dirección Valdexería-AC-550; e a limitación de estacionamento nos arredores do centro, onde só se permitirá aparcar (na vía que bordea o colexio) na marxe dereita no sentido AC-550-Valdexería, debendo manterse libres o resto de zonas non habilitadas para tal fin.

Así mesmo, o Concello lembra “a importancia de respectar a sinalización horizontal existente, especialmente as liñas amarelas e demais marcas viarias, evitando estacionamentos que poidan dificultar a circulación ou comprometer a visibilidade e seguridade nos accesos ao centro”.

Desde a Policía Local solicitouse a colaboración de condutores e familias e o respecto á sinalización vertical e horizontal, “co obxectivo de conseguir unha circulación nesta zona escolar máis segura, fluída e ordenada para todos”, engadiu o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.